Oceánika exhibe a conciencia ecolóxica do circo moderno

PONTEVEDRA

RAMÓN LEIRO

Un espectáculo con números tradicionais e cun fío conductor que entretén e da a voz de alerta contra a contaminación

23 feb 2020 . Actualizado a las 22:01 h.

Benvidos ao maior espectáculo do mundo: o circo. Nesta ocasión da man dos artistas do circo Evolution, que traen para o público pontevedrés unha innovadora oferta que entretén e, á vez, conciencia contra a contaminación mariña. O espectáculo Oceánika, todo el en galego, é unha mostra dos novos tempos que corren neste sector profesional do entretenemento, que representa en Mollavao este mes unha ducia de números tradicionais, como acrobacias e paiasos, pero tamén contando coa aportación dun fío condutor doado de seguir e que ten como obxectivo atraer ata a carpa do circo a público de todas as idades, desde adultos, ata mozos e aos máis novos, que nunca viran antes as evolucións dos funambulistas, equilibristas e malabaristas baixo a carpa dun circo moderno. Ademais hai que ter en conta a posta en escena, moi coidada e destinada a facer doado a identificación das personaxes polos máis pequenos.

Horario das funcións

Oceánika é un exemplo de como é posible compatibilizar o feito de pasalo ben co de aprender a respectar e coidar o medio ambiente. E ademais facelo dunha forma natural, ao longo dun espectáculo que dura en torno a unha hora cincuenta minutos. As entradas poden comprarse de forma anticipada na plataforma Oferplan, ou ben tamén no propio recinto circense antes de cada función. Aqueles que compren no portal disporán dun desconto fronte os que se adquiran as súas entradas na taquilla da carpa.

Os días de función son hoxe domingo, ás seis da tarde; o próximo venres, ás sete da tarde; o sábado hai dúas funcións, ás cinco da tarde e ás oito menos cuarto da noite; e a última oportunidade de disfrutar dos artistas do circo Evolution será o domingo 1 de marzo, ás seis da tarde. Despois, porá rumbo a Vigo, onde actuará tamén varias semanas.