Charla sobre «Fame, pobreza e cambio climático»

La Voz

PONTEVEDRA

06 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19.30 horas • Colexio Calasancio A misioneira Lola Pérez Carrasquilla, que presta servizo en Zimbabue dende hai 34 anos, pronuncia esta tarde unha conferencia titulada Fame, pobreza e cambio climático, ás 19.30 horas, no salón de actos do Colexio Calasancio (rúa Blanco Porto, 15). A charla enmárcase dentro da campaña impulsada por Manos Unidas baixo o lema «Quen máis sofre o maltrato ao planeta non es ti», que conta coa colaboración da Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural e que busca concienciar á cidadanía sobre as consecuencias que o deterioro e a contaminación do planeta ten sobre as comunidades máis pobres. Os carteis da iniciativa foron repartidos por 35 mupis municipais situados en diferentes puntos da cidade.