Ata a próxima Loli!!!

La Voz

OBITUARIOS

CEDIDA

27 ene 2020 . Actualizado a las 09:45 h.

Isto non é un adeus, é un ata pronto, porque ti seguirás con nós en todo momento, sen dúbidas, como estiveches ata finais de 2019 no día a día, e posteriormente na tua loita contra a enfermidade.

Desde o sindicato SPJ-USO en xeral, e no meu nome (Nilo Fdez.) en particular, como amigo e compañeiro teu Loli, así coma do teu marido Paco, da túa cuñada Mila, e do teu cuñado Pedro (todos eles membros da familia xudicial de Pontevedra) hoxe tócanos lamentar profundamente o falecemento, no día de onte sábado 25, desta gran persoa, á que tiven a sorte de coñecer, aprender dela, disfrutar dela, e tamén loitar con ela polo REXISTRO CIVIL, e de ahí a imaxe que aquí lle adico na compañía do afamado actor Carlos Blanco decindo “NON Á PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL”.

Queremos enviar o noso máis querido pésame a familia; ademais de ós xa mencionados, ós fillos de Loli e Paco, así como ós amig@s e compañeir@s de Loli, e especialmente á familia da Xustiza de Pontevedra, e moi especialmente @s compañeir@s que compartiron o día a dia nos últimos anos no Rexistro Civil e Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de Pontevedra.

Gracias Loli pola túa xenerosidade repartindo sempre sorrisos, pola túa empatía e comprensión, e pola túa axuda desinteresada en todo momento, nos bos e nos malos momentos. Simplemente Gracias.

Á súa familia en xeral, só mostrarlle o noso apoio e decirlle que pode estar moi orgullosa de Loli, e que Loli en realidade non marcha, porque unha persoa nunca marcha cando permanece nos nosos recordos, e os recordos de Loli seguirán sempre con nós. Loli, estamos orgullosos de ti ata o final.

Realmente non valoramos os momentos da vida, non somos conscientes de cando  será o noso final, pero desgraciadamente a morte forma parte da nosa vida e ó final só nos queda lembrar o que cada persoa deixa no noso interior.

E Loli deixa moito.

Por iso, enviámosche a nosa gratitude e agarimo por permitirnos formar parte da túa vida.

E por certo, descansa tranquila, que co teu apoio seguiremos loitando polo Rexistro Civil con mais forza ca nunca.