Discurso de Lola Dopico

La Voz

PONTEVEDRA

RAMON LEIRO

20 ene 2020 . Actualizado a las 19:17 h.

Causame unha grande emoción tomar a palabra, hoxe aquí, representando a Esdemga, para recoller este premio Cidade de Pontevedra, que recibimos con fonda gratitude e responsabilidade. Responsabilidade, porque este premio o queremos entender non como un recoñecemento se non, e se asi nolo permitides, coma un novo impulso. Non centrado no camiño percorrido senon coma unha sinal de que a cidade acredita no potencial de esta titulación e na sua capacidade para seguir evolucionando e medrando,

sempre conectados coa nosa contorna.

Este Premio Cidade de Pontevedra danos novos azos para continuar a construir canles de colaboración e diálogo con axentes académicos, sociais e empresariais. Para, desenvolver novas sinerxías coa industira da moda e con outras institucións académicas, museísticas e culturais.

Recibimos este premio como unha renovación da demanda que A Cidade nos fixo ao inicio da nosa andadura e que sigue vixente. Ir sempre un paso mais alá na construción da cultura do deseño e a innovación a través da formación, a investigación e a divulgación.

Cando nos pasados días nos comunicaron este galardón do que se nos fai entrega hoxe, o vivímos cunha emoción especial porque ven da Cidade que fixo posible Esdemga. Non quero esquecer que esta titulación xurdiu do dialogo entre diversas asociacións e institucións que representan a nosa sociedade. A industria, a través do seu tecido asociativo e da Camara de

Comercio de Pontevedra; a Diputación xunto co Goberno local de Pontevedra apoiandose na propia Universidade de Vigo. Todos unidos foron quen de impulsar o nacemento de ESDEMGA hai perto de 20 anos.

A Universidade de Vigo asumiu o compromiso, e puxo en marcha unha formación en deseño de moda no Campus de Pontevedra coa misión de formar dun xeito integral e competitivo ao tecido creativo que debía sustentar unha industria en plena transformación, a da moda, e que representa o 10% do PIB do no noso país.

O camiño percorrido é coñecido. Foi un esforzó importante poñer en pé esta titulación, pero fixemos colectivamente. E pouco a pouco foron chegando recoñecementos; sinais que indicaban onde debíamos dirixirnos. Houbo mometos moi importantes , sen dúbida cando acadamos o Premio Talent&co. que nos recoñecía como a mellor escola de deseño de moda en España, competindo con mais de vinte titulacións, casi todas Universidades Privadas, de todo o estado. A participación en Cibeles primeiro e logo na Madrid Fashion Week , no It´s en Trieste, no Festival de Hyeres, oo Graduation Fashion Award en Londres son capítulos dun posionamiento cada vez mais prestixiado da nosa titulación.

Tamén son fitos claves as colaboracións con firmas ,de moda como a que tivemos a sorte de desenvolver o ano pasado, a oportunidade como escola de ser seleccionados como a titulación encargada de deseñar unha colección para venta online a nivel mundial para ZARA foi unha gran oportunidade de aprendizaxe pero en si mesmo foi tamén un gran recoñecemento. Era a terceira edición de este proxecto titulado VIEW´S que Zara comenzou a editar con escolas de todo o mundo. A primeira fora Bunka de Tokyo, a segunda o Chelsea College of Art de Londres, Esdemga Pontevedra foi a terceira, e logo seguirían por Milan co Instituto Marangoni. Pode que os nomes das escolas para os que non son versados no tema non signifiquen moito. Pero si que é fácil sacar conclusións vendo os nomes das cidades. Tokyo, Londres, Milán, Pontevedra. Si nos dixeran que algo así era posible, o creeríamos? Deberíamos crer mais en nos mesmos.

Hoxe é un momento igualmente fermoso, un momento de celebración, son eu a que está a recoller este premio que é sen embargo un premio adicado ao colectivo, e por iso que me vades a permitir que faga un recoñecemento a toda a comunidade ESDEMGA. Detrás dos éxitos, da parte visible e bonita dos recoñecementos, primeiro como titulo propio e agora como mestrado universitario, está o traballo de moitos. Un título e unicamnete unha liña nun papel, pero a sçua vitalidade se sustenta en persoas con nome propio: Teño a sorte de contar con extraordinarios compañeiros de viaxe, docentes que acolleron exte proxecto con ilusión, profesores e profesoras, un grupo de xente comprometida e arriscada xa que non era un reto menor poñer en marcha esta nova formación e facelo a penas sen referentes.

E a maior das sortes son os estudantes que temos e tivemos o privilexio de acompañar. Nestes días nos facian chegar mensaxes cargados de cariño dende moitos lugares de Galicia do estado e de fora, onde se atopan traballando moitos dos que polas aulas pasaron.

Vemos chegar, ano tras ano, xente nova con moitísimo talento, enormes gañas de aprender e paixón desbordante y ese amigos e amigas e o maior premio que podemos acadar como sociedade.

Xente nova de extraordinaria valía , creativa, traballadora, emprendedora e con gañas. Así que o compromiso para nos sempre estivo claro: axudalos na súa procura, darlles as ferramentas que precisan, comprometernos co mellor que temos que son eles e elas.

Froito de esa forma de entender a nosa labor puxemos en marcha DEBUT en 2007.

Debut é fundamentalmente un evento académico pero tamén é unha celebración, é o noso xeito de facer participe á sociedade , amosar o que os estudantes teñen aprendido durante a súa formación no noso centro. Para eles e elas é o punto de partida e non de chegada, o instante mesmo onde despega a súa andadura profesional. Nos como docentes estamos orgullosos do seu traballo. Debut é o noso xeito de compartir ese orgullo e esa emoción coa sociedade que se ten implicado na súa formación, para amosar e compartir a súa mirada, o seu talento e a súa identidade creadora, incipiente pero firme.

Debut supon un desafío anual tanto para docentes como para estudantes, para que algo así poda sosterse fai falta unha equipa cun alto nivel de compromiso, todas e todos aportamos moitas cousas das que se poden cuantificar _tempo propio e contactos persoais, horas de traballo, moito esforzo e compromiso _pero é moito mais, cousas que non sei apenas nomear pero que son as fundamentais e polas que únicamente podo decir a ese a ese núcleo duro , aos irreductibles que o fan posible. Aos que o facedes posible e que hoxe estades presentes aquí como sempre estades.

Grazas.

Creo que as cousas sucenden, cando e donde sucenden, por un motivo. Esdemga pode ser o que hoxe é un referente da formación en deseño de moda en todo o estado e non é casualmente en Pontevedra. É aquí , nesta cidade onde se dan unha suma de elementos difíciles de atopar noutro lugar. Unha magnifica Facultade de Belas Artes tanto nos recursos humanos como na sua dotación en medios e talleres, cunha experiencia dilatada en creación e na formación nas disciplinas artísticas, sumado ao impulso dun Campus, o Campus Crea altamente interdiciplinar y especiacializado. Partindo de este contexto se engadiron profesionais do ámbito do deseño de moda que nos axudaron coa sua xenerosidade, a dar forma e construir un programa que se define pola sua fortaleza no desenvolvemento creativo pero conectado, ao mesmo tempo, coa realidade profesional dun sector sempre cambiante e en evolución. Un programa que mira cara os modelos formativos europeos mais innovadores pero ao memso tempo ánclase no saber facer da mellor tradición da confección en Galicia.

Estos son uns magnificos fios para tecer unhaboa trama, pero precisamos da urdimbre. E sintome na obriga de dicir que tivemos compañeiros imprescindibles neste camino. Socios no proxecto e complices na ambición que nos fixeron fortes a través da colaboración continuada e comprometida. O Concello de Pontevedra que permaneceu e permanece inquebrantable sempre co mesmo nivel de compromiso, escoitando e dando apoio aos proxectos que quixemos impulsar e desenvolver, sendo o soporte fundamental de Debut, e de tantos programas complementarios así como o soporte principal para poder contar con asesores e colaboradores do sector moda.

Todo isto non existiría sen o apoio do Concello de Pontevedra. Unha compresión da cidade no seu conxunto nos impulsa. Saber que os interlocutores ao frente da cidade comprenden a importancia de estos programas, que respaldan os proxectos e que impulsan o talento e a creatividade, que queren coñecer e estar presentes en cada presentación,en cada mostra en cada paso do camiño; iso e o vento preciso nas velas. Gracias por permitirnos soñar que se podía, e por acreditar en que podemos.

Contendo a respiración, cada ano agardo a que entre na pasarela a primeira colección. En cada edición, e segundo pasan os minutos sinto o calor da emoción que vai inundando o espazo do Pazo da Cultura, unha corriente de recoñecemento e complicidade dende o público, casi perto de 2000 persoas que van ver o traballo dos novos en noavas creadoras. E cando estes saen a saludar os vexo recoller esa emoción ante o seu traballo casi se lles pode ver , se miras ben que a todos e a todas se lles queda prendido un enorme anaco da cidade pegado na sua pel. Unha cidade que os acompañou nunha época de crecemento e evolución permidíndolles medrar como creadores e como profesionais. Iso non o esquecerán nunca, a pegada que lles deixa a cidade camiña con eles polo mundo.

Gracias Pontevedra por tanto, por acollernos e auparnos, por escoitarnos e mirarnos, polo afecto e a atención. O noso compromiso e esforzó será ainda maior para seguir a ser merecedores de este Premio Cidade de Pontevedra e do maior dos premios que é formar parte de esta marabillosa Cidade .