Un Nadal de postal nas Galerías Oliva

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

O espazo comercial ofrece un amplo completo de actividades para todas as tardes ata o 4 de xaneiro

23 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

As galerías da Oliva encheranse esta semana de actividades e propostas para os máis cativos dentro do programa de dinamización comercial Nadal na Oliva, que contará tamén cunha noria e cun trenciño para garantizar a diversión dos máis pequeños.

Entre as 17 e as 19 horas os pequenos poderán hoxe participar nun talleres de postais navideñas que elaborarán con materiais de refugallo.

Pero ademais disporán dun espazo para contacontos, que hoxe abordará historias de Islandia.

Os máis atrevidos coa escritura e o deseño poderán tomar parte na confección dun Xornal de Nadal, no espazo reservado para pequerreporteiros.

Para mañá martes as galerías da Oliva ofrecen un taller para aprender a decorar os abetos de Nadal. Un xogo permitirá a tódolos participantes coñecerse e comezar co traballo duro para facer os adornos. No espazo contacontos e as súas historias arredor do mundo, o turno será para Nova York.

Cada día da semana haberá unha temática diferente nas galerías, con actividades pensadas sempre para os máis cativos.

Haberá propostas de lecer, artísticas, gastronómicas, creativas e musicais ata o 4 de xaneiro a través dunha iniciativa impulsada pola Concellería de Promoción Económica.

Actividades

Durante cada xornada os nenos participantes adicarán un anaco ao Xornal de Nadal, no que os cativos recollerán novas, entrevistas, novidades e anécdotas que estean a acontecer no espazo comercial.

O programa municipal, pensado para cativos entre 3 e 10 anos, prevé ademais outras actividades de lecer e entretemento, como xogos de benvida para recibir aos pequenos cada xornada, tarefas plásticas, talleres de cociña divertida, xincanas pola Oliva, xogos teatrais ou cancións.