«A Galicia insólita», de Antón Fraguas, no Principal

La Voz

PONTEVEDRA

26 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Galicia insólita. Tan lonxe e tan preto é o título do espectáculo etnográfico que a asociación Os de algures porá en escena este domingo (20.30 horas) no Teatro Principal. A obra está baseada en textos de Antón Fraguas e conta cun elenco de oitenta persoas e a colaboración especial de Begoña Lorenzo. O espectáculo contará con doce músicos de Os de Algures, vinte e catro Coristas do Coro Vinderel do IES Xunqueira I, oito bailaríns do Ballet Folclórico Galego, unha decena de voces femininas do Grupo Pandereteiras Sadeo” de Ponteareas, catorce actores e actrices da Aula Municipal de Teatro de Pontevedra, cinco figurantes do Grupo Tramoias de Algures e Tarabelo Teatro, e nove responsables de cuestión técnicas.