Manuel Hermida presenta as súas «terrefotos»

La Voz

PONTEVEDRA

21 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Casa das Campás (Pontevedra) • O Ateneo de Pontevedra, Teller Aberto e a vicerreitoría do campus están levando a cabo unha actividade para mostrar os traballos dos fotógrafos de Pontevedra. Hoxe tócalle a quenda a Manuel Hermida, que dará a coñecer as súas «terrefotos», nas que como o seu nome suxire amosa a natureza do planeta Terra. Son imaxes que farán vibrar ao público. Natural de Xeve, Hermida centra a súa fotografía no medio natural e no rural. Leva feito xa varias exposicións de fotos en Pontevedra, Marín, Boiro ou Santiago e a súa obra fíxose coñecida en medio mundo a través do calendario do 2018 da Sociedade Española da Camelia. Hermida é un deportista de mil deportes, pescador ou pintor. E de todo hai pegada nas fotos que fai.