O festival Curtas homenaxea ao actor galego Manuel Manquiña

La Voz

PONTEVEDRA

BASILIO BELLO

Recibirá un premio o sábado 2 de novembro

21 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«Pola súa incrible carreira como actor no cinema e a televisión», Manuel Manquiña recibirá o sábado día 2 o premio Curtas 2019. Os responsables da organización do festival de cine e banda deseñada de Vilagarcía anunciárono a través das súas redes sociais. Aínda que o certame xa está en marcha, con varias exposicións na vila, o forte do programa non chegará ata o día 25, cando se despregará unha multitude de eventos culturais, foros, charlas, proxeccións de cine e, por suposto, o festival de curtametraxes. O sábado 2 de novembro, pola noite, será a entrega de premios, con Manquiña como convidado especial.