Conde convida aos autónomos «a adaptarse ás novas tecnoloxías»

O conselleiro afirma que é o mellor xeito para «dar resposta ás novas demandas dos consumidores»


Pontevedra / La voz

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou onte en Pontevedra na sétima Mesa do Emprego Autónomo, onde indicou a importancia de seguir colaborando con este colectivo para a súa formación e facilitar tanto a conciliación como a segunda oportunidade.

Deste modo, Conde chamou ao diálogo e á colaboración entre os distintos axentes implicados para garantir liñas de actuación conxuntas, apelando á innovación, á dixitalización e á formación como garantes da competitividade empresarial dos autónomos.

O conselleiro convidou aos participantes a «adaptarse ás novas tecnoloxías como resposta ás novas demandas dos consumidores», respondendo de xeito eficiente ao comercio electrónico.

As medidas que desde a Administración se desenvolverán no futuro servirán para complementar e desenvolver ás liñas actuais. Do mesmo xeito, haberá unha especial atención a tres eidos particulares: a formación, como motor de dinamización e consolidación do emprego; a aposta pola conciliación, como valor de cohesión familiar e social; e medidas para a segunda oportunidade, que permita aos autónomos reiniciar a súa actividade cunha nova iniciativa empresarial.

O titular de Economía salientou a relevancia dos traballadores autónomos para Galicia, situándoos como «un dos sectores máis importantes da nosa economía», debido á súa capacidade para xerar emprego e ao valor da súa actividade empresarial.

Autónomos en Galicia

Conde subliñou que Galicia conta con preto de 220.000 traballadores por conta propia, que representan o 21,4% do total dos traballadores). Deste xeito, Galicia é a comunidade autónoma cun maior peso en canto a afiliacións á Seguridade Social, superando ata en catro puntos á media nacional (17%).

Ademais, Galicia é a comunidade referente en canto á consolidación do emprego autónomo, co 73,1% dos negocios con máis de 3 anos de antigüidade. Ademais conta co maior porcentaxe de mulleres autónomas, cun 42,3%, superando á media nacional (35,5%).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Conde convida aos autónomos «a adaptarse ás novas tecnoloxías»