Encontro internacional de arquitectura con Portugal


Hoxe • 19 horas • Auditorio do Museo de Pntevedra • As Delegacións de Pontevedra, Ourense e Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia, en colaboración coa Sección Regional Norte da Ordem dos Arquitectos de Portugal, organizan a quinta edición das xornadas “Mesturas V. Encontros Internacionais de Arquitectura Galicia?Portugal 2019”. O obxecto destes encontros é promover a difusión da arquitectura en todos os seus campos de intervención e servir de nexo unión, divulgación e de intercambio entre a arquitectura de ambos lados do río Miño.

Tras as catro primeiras edicións, alternando entre Galicia e Portugal, organízase agora o quinto encontro en Galicia, que se inaugurará mañá xoves, 10 de outubro, no Auditorio do Museo de Pontevedra, ás 19 horas, cos estudios portugueses depA Architects e Serôdio Furtado & Associados.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Encontro internacional de arquitectura con Portugal