Reflexións sobre a mercantilización do corpo das mulleres en Soutomaior

Escola de Igualdade María Vinyals


Arranca unha nova xornada da Escola de Igualdade María Vinayls na que se afondará sobre a “Mercantilización do corpo das mulleres”. Deste xeito, durante todo o día o Castelo de Soutomaior concentrará a mulleres da talla de Rosa Cobo, Ángeles Álvarez, Silvia Pérez ou Teresa Lozano e Zua Méndez (máis coñecidas como Towanda Rebels), que xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a xornalistas da provincia, reflexionarán con preto de 200 persoas sobre pornografía, prostitución, ventres de alugueiro, trata e violencia sexual.

A xornada dará comezo coa apertura a cargo da presidenta provincial, Carmela Silva. Quince minutos despois terá lugar a conferencia “Pornografía, prostitución: violencia contra as mulleres” a cargo de Rosa CoboCobo, doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía e profesora da Universidade da Coruña. Ás 12.30 horas Ángeles Álvarez afondará na “Mercantilización reprodutiva do corpo das mulleres”. Álvarez é portavoz da Red Estatal Contra el Alquiler de Vientres (RECAV). Silvia Pére falará sobre a acción contra a trata.

Xa pola tarde (16.00 horas), Teresa Lozano e Zua Méndez, Towanda Rebels, falarán do “Porno e violencia sexual”. Ás 18.00 horas terá lugar a clausura coa lectura das principais conclusións da xornada da Escola de Igualdade María Vinayls da Deputación de Pontevedra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Reflexións sobre a mercantilización do corpo das mulleres en Soutomaior