Homenaxeados pola súa implicación na Feira Franca

La Voz

PONTEVEDRA

RAMON LEIRO

27 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20 horas • praza de Santa María Antonio Alfonsín, Natividad Barreiro, Juan Juega (a título póstumo) e a Asociación Recriativa de Xeve serán os homenaxeados polo vixésimo aniversario da Feira Franca. Os premiados recibirán a súa homenaxe institucional hoxe, a partir das 20 horas, no lampán dos xudeus, na praza de Santa María, pola súa contribución e implicación na organización da festa medieval durante os últimos vinte anos. O acto comezará coa actuación do alumnado da zanfona da E-Trad de Vigo e continuará coas intervencións da concelleira de Festas e promotora da homenaxe, Carme da Silva. Logo de entregar os agasallos institucionais, pechará o acto o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.