O Concello recibe aos mestres de xadrez rusos Shirov e Solozhenkina

La Voz

PONTEVEDRA

CLAUDIA GÓMEZ

09 ago 2019 . Actualizado a las 18:49 h.

Alexei Shirov e Elisaveta Solozhenkina son os dous mestres de xadrez rusos que participarán no VII Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, evento que comezou o pasado 8 de agosto e rematará o vindeiro 14 deste mes. Os xadrecistas conversaron coas concelleiras Anabel Gulías e Carme da Silva e amosáronse encantados de poder visitar a cidade de Pontevedra e competir aquí.