Novos Valores expón unha selección de 35 pezas

PONTEVEDRA

CLAUDIA GÓMEZ

Nesta selección atópanse as catro obras doutros tantos artistas que o xurado considerou que debían ser beneficiados dunha bolsa de 7.500 euros

10 ago 2019 . Actualizado a las 23:36 h.

O edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra expón unha selección de 35 pezas das 110 que optaron á última edición do certame de Novos Valores. José Manuel Rey García, director do Museo Provincial, destacou que se trata de obras «que abranguen diferentes modalidades artísticas».

Nesta selección atópanse as catro obras doutros tantos artistas que o xurado considerou que debían ser beneficiados «dunha bolsa de 7.500 euros destinados á ampliación dos seus estudos ao longo dun ano». É o caso de Amine Asselman, quen con Ordensound pon de manifesto que «la música y la geometría tienen la misma base, y me abre una nueva línea de investigación», mentres que Rosa Pardal Aragunde, con Habitación nº A, fai dun autorretrato fotográfico unha ruptura «de ese tópico de la mujer objeto».

Elena Matamoro, pola súa parte, aposta con La mirada que escucha por un proxecto de investigación en arte sonoro e, xa por último, Alba Castillo presentou a escultura Maleza.