O Gato Chesire inaugura os Domingos con encanto


Hoxe • 12 horas • De balde • Nada mellor que matar co tempo coa música mentres se agarda ao 20 e 21 de setembro para gozar coa segunda edición do CanteiraFest de Vilaboa. Deste xeito, o grupo O Gato de Cheshire será o encargado de inaugurar este mediodía unha nova edición dos Domingos con encanto. Trátase dunha iniciativa que pretende «achegar a musica a todas as parroquias do rural vilaboes e anunciar a pronta chegada do festival», destacaron dende a organización, ao tempo que anunciaron que este ano contarán co patrocinio da cervexa artesán pontevedresa NASA.

Deste xeito a primeira das citas dos Domingos con encanto será na parroquia de Bértola, na capela de Santa Marta: «Un recuncho do noso concello con especial encanto xa que transcorre por el o Camiño xacobeo».

En canto ao grupo elixido, O Gato de Cheshire, destacaron que é «unha banda musical da contorna na que temos moitas expectativas».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Gato Chesire inaugura os Domingos con encanto