Cedofeita expón a mostra de agosto no mosteiro de Lérez

PONTEVEDRA

RAMON LEIRO

02 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación Sociocultural Cedofeita inaugura hoxe (12 horas) no mosteiro de Lérez a xa clásica mostra de agosto que leva por título De troulas e devocións. Festas populares de Lérez. «A exposición pretende ser unha aproximación ás festas de Lérez celebradas entre os século XIX e XXI, a través de fotografías, textos e documentación», destacaron dende o colectivo.

Deste xeito, amosase o ciclo festivo anual lerezán que se abre coa festa de san Sebastián e continua coa Candeloria, lembranza da ancestral Festa das Candeas. A mostra estará aberta ao público os días 2, 3, 4, 5, 6 e 7 de agosto no mosteiro de Lérez, de 11 a 14 horas e de 19 a 22 horas.