O jazz pega na pedra da Boa Vila e trae a Álvaro del Valle Quartet

PONTEVEDRA

CLAUDIA GÓMEZ

O guitarrista que actúa esta noite tocou en festivais internacionais en Nova York, Francia, Guatemala ou Italia

24 jul 2019 . Actualizado a las 22:24 h.

As pedras da Boa Vila, as da zona monumental, están máis que acostumadas a que nelas pegue a música. A banda sonora a pé de rúa, esa que tocan gaiteiros desafinados que piden a esmola do camiñante, que ás veces ten como protagonistas a violinistas entregados ou que noutras ocasións da voz a un mariachi que canta iso tan trasnoitado de «mátala, con una sobredosis de ternura» na praza de Ourense, nunca cala en Pontevedra. Pero estes días hai un estilo que predomina. Manda o jazz, amigos. E todo grazas ao Festival Internacional de Jazz e Blues, que está preto de levar trinta anos convertendo a cidade do Lérez nun recuncho cheo da música nacida en Nova Orleans.

Hoxe segue o festiva e actuará Joey DeFrancesco Trío; mañá tocaralle a quenda a Judith Hill; o sábado será o momento de José James y, xa o domingo, baixará o pano Gabriel Peso Trío.

As actuacións terán lugar na praza da Ferrería, tamén ás 22.30 horas. En todos os casos a entrada é libre e de balde. Máis aló dos concertos, está tamén a animación na rúa, que xa onte se puido sentir ao longo de todo o día. Os encargados de facer soar os acordes jazz a plena luz do día son os membros da Street Band.

Paralelamente, diariamente, ás 24.00 horas e no pub A Gramola (situado na praza de Méndez Núñez) haberá jam-sessions