Cuntis leva as muiñeiras e bailes galegos a Canarias e Zamora

A agrupación tradicional de música e baile do municipio actúa hoxe en Arico, mañá en Santa Cruz de Tenerife e o 6 de agosto farao en Lubián


Pontevedra

A Agrupación de Música e Baile Tradicional de Cuntis fará que os sons galegos se escoiten en Canarias. Así, hoxe mesmo está prevista unha actuación deste grupo na vila de Arico, dentro dun programa musical que hai neste lugar da illa. E non é a única actuación prevista. Mañá, os bailaríns e músicos de Cuntis ofrecerán a súa arte en Santa Cruz de Tenerife. Farano no encontro folclórico Farutes. 

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos viaxou ás terras canarias para acompañar aos artistas. 

Os músicos de Cuntis tamén farán acto de presenza este verán no festival de folk-rock Nas Portelas, en Lubián, Zamora. Neste caso, a actuación será o 6 de agosto. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Cuntis leva as muiñeiras e bailes galegos a Canarias e Zamora