«Unha vez que entras no curro de Amil, estás ti e máis os animais»

Con 29 anos, a primeira vez que Matías O de Rueiro saltou ao curro acababa de cumprir 15. Lembra que «ao primeiro poldro entreille con algo de respecto», así como que os nervios seguen presentes ata antes de montar ao primeiro cabalo: «O resto van seguidos»


Moraña / La Voz

? Cando faltan apenas uns días para arrancar a Baixa das Bestas de Amil, os aloitadores contan as horas de xuntar os cabalos e saltar ao curro. «Non sei como explicalo», sinala Matías O de Rueiro cando se lle pregunta que sinte neste intre: «Emoción e con gañas de que chegue o día».

A primeira vez que saíu ao curro tiña 15 anos e, agás uns curmáns, non existía tradición na súa familia. «Ao primeiro poldro entreille con algo de respecto, pero logo vas collendo confianza. Logo dos poldros empecei coas bestas e así seguimos», apunta antes de recordar como a súa nai «os primeiros días non poñía moi boa cara, pero agora xa... Sempre me dicía que ía levar un golpe e así, pero o vicio é o vicio».

E golpes lévanse sempre, aínda que normalmente quedan reducidos a uns raspazos e unhas magulladuras. No caso de Matías lembra como hai uns tres anos «déronme un cabezazo no nariz, pero non chegou a moito».

Agora con 29 anos ás súas costas aínda sinte algo moi especial antes de empezar a rapa. «A maior dificultade é a primeira de todos. Tan pronto montas a primeira besta despois o resto van seguidas...». Ao igual que acontece noutros puntos da xeografía pontevedresa, no curro de Amil os aloitadores van en grupos de tres, de tal xeito que, ao tempo que un monta o cabalo, outro vai á cabeza e o terceiro, ao rabo».

«Unha vez que entras no curro estás ti e máis os animais», reflexiona Matías, ao temo que aclara que cada un dos aloitadores na Baixa de Amil vanse turnando na monta e nas outros dúas posicións.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Unha vez que entras no curro de Amil, estás ti e máis os animais»