A romaría de San Benitiño toma as beiras do río Lérez

PONTEVEDRA

11 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende primeira hora da mañá e ata xa entrada a noitiña, Lérez gozará dunha nova edición da romaría de San Benitiño. Así, ás 10.30 horas, os grupos de música tradicional Gaiteiros das Rías Baixas y Os Alegres sairán do Concello ata os salóns do Lérez, de tal xeito que as 11.30 horas empezará a romaría na praia fluvial, onde tamén actuarán as dúas agrupacións folclóricas.

Co mediodía chegará a meixilloada popular na mesa praia fluvial, mentres que, xa pola tarde, actuarán os grupos de pandereiteiras de Verducido e Xoldra nas beiras do río Lérez. E como non podía ser doutra forma, o adro do mosteiro de San Bieito, onde se oficiarán os actos litúrxicos, acollerá a verbena nocturna.