«Saquei un 10,5 en selectividade, entrei en Arquitectura, fixen 2 anos e deixeino»

PONTEVEDRA

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Grial Montes debuta no cine da man de Ignacio Vilar e a súa nova película que comezarán a rodar o vindeiro agosto

20 jun 2019 . Actualizado a las 21:07 h.

«É a miña séptima película e sempre intentei, e nunca conseguín, que os espectadores non saiban de que vai. A María Soliña do século XVII e a María Soliña do XXI foron atacadas polo dragón. Iso é María Solinha». Deste xeito, o director Ignacio Vilar presentou onte a rodaxe desta película na que colabora, ente outras administracións, a Deputación de Pontevedra.

En María Solinha, Ignacio Vilar volve a contar con dous dos actores cos que xa traballou en A Esmorga. Por un lado, Antonio Durán, Morris, quen da vida ao inquisidor xeral e quen destacou o feito que «é a primeira vez que vou rodar unha película integramente na provincia de Pontevedra» nos cerca de corenta anos que leva na profesión. «Estou preparado para o campo de batalla», remarcou, toda vez que se espera que a rodaxe arranque o 19 de agosto e se estenda ata o 20 de setembro tendo as principais localizacións en Cangas, Redondela e a illa de Toralla.

Ao igual que fixera xa non so en A Esmorga, senón tamén en Ilegal, Vilar volve a confiar en Santi Prego. Da man do actor vigués, quen ven de interpretar a Franco en Mientras dure la guerra, a nova película de Alejandro Amenabar, cobra vida o marido María Soliña, Pedro Barba, morto loitando contra os turcos.

E como protagonista, Grial Montes, no que será o seu bautizo cinematográfico aos 22 anos. Formada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia entre seiscentas aspirantes, fixo todo un alegato da súa profesión reivindicando os papeis femininos: «Saquei un 10,5 en selectividade, entrei en Arquitectura, fixen dous anos e deixeino».

Pola súa banda, Carmela Silva, presidenta da Deputación, puxo o acento no feito de que o filme aborda a «unha muller invisibilizada pola historia», mentres que Xosé Leal, deputado de Cultura, resaltou o compromiso de Ignacio Vilar coa lingua galega. «Chano Piñeiro foi un precursor e Ignacio Vilar é dos que hoxe continúa con esa loita».