Carlos Costa colle «as chaves» do consistorio das mans do seu antecesor á fronte da alcaldía


CAMPO LAMEIRO / LA VOZ

Non houbo lugar para a sorpresa no pleno de Campo Lameiro, o máis madrugador de toda a comarca de Pontevedra, xa que arrincou as nove da mañá. A maioría absoluta lograda nos comicios do 26M garantíalle ao PP con Carlos Costa manter a alcaldía. E así ocorreu, de tal xeito que o seu antecesor ao fronte da alcaldía, o tamén popular Julio Sayáns, entregoulle a Costa «as chaves» -neste concello non hai bastón de mando- da casa consistorial.

A decisión de celebrar o pleno tan cedo debeuse ao feito de que este mesmo sábado casaba a filla do secretario municipal.

O novo rexidor municipal comprometeuse a traballar polos veciños, mentres que Martina Viéitez Ferro, concelleira de Por-Vir, instou a que «se poña en valor o patrimonio que temos abandonado, a natureza que temos esquecida».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Carlos Costa colle «as chaves» do consistorio das mans do seu antecesor á fronte da alcaldía