Mercado celta e verbena cos Satélites en Vilagarcía


A finais de maio, Vilagarcía celebra a romaría urbana de Santa Rita. Aínda que o día grande non é ata o mércores, a vila leva xa toda a fin de semana chea de ánimo. Hoxe, sen ir máis lonxe, o programa festivo inclúe un paseo polo mercado celta que se instalou á beira do río do Con, no parque da Xunqueira. Por alí andará hoxe o Fauno e o Xigante Malabarista, dispostos os dous a dar sustos e arrincar sorrisos. Para pechar o día nesta peculiar feira, haberá un espectáculo de lume e vistosos malabares (22 horas). Pero a xornada non rematará na capital arousá, non de todo, ata que non o digan os integrantes da orquestra Os Satélites, que serán os encargados de animar a verbena que se vai celebrar no entorno da rúa Alexandre Bóveda.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Mercado celta e verbena cos Satélites en Vilagarcía