En memoria de Antonio Fraguas

Aínda que o día grande é o venres, xa se están a desenvolver toda clase de iniciativas vinculadas co 17 de maio


Pontevedra / La Voz

Non cabe dúbida que o epicentro da conmemoración este ano do Día das Letras Galegas terá lugar en Cerdedo Cotobade, municipio no que naceu Antonio Fraguas. Deste xeito, a Real Academia Galega celebrará un pleno na carballeira de Famelga, á beira da escola á que asistiu o homenaxeado este ano o 17 de maio. Sen saír deste municipio, mentres o instituto xa levou a súa propia homenaxe a Fraguas, para este mesmo venres está confirmado o acto institucional da Xunta, así como o concerto de Milladoiro na Praza da Chan.

Pola súa banda, en Marín, concretamente no Museo Torres, entregaranse os premios da XIX edición de concurso de poesía, así como se proxectara o curto de animación As aventuras de Lúa e Xan e Planeta Briz, que o Concello encargou a Rodrigo Cota. A alcaldesa María Ramallo destacou, de igual modo, o mural que elaboraron os alumnos do colexio A Laxe.

Esta data non pasará desapercibida en Pontevedra, onde están programadas unha serie de actividades que arrancarán con Os libros saen a rúa. Trátase dunha iniciativa na que unha decena de librarías visibilizarán e promocionarán os libros galegos e en galego nos Soportais da Ferrería, espazo onde está previsto que asinen exemplares os escritores Arantza Portabales, Ledicia Costas, Pedro Feijoo e Iria Collazo.

Pola súa banda, na avenida de Santa María desenvolveranse unhas simultáneas de axedrez, onde se renderá unha homenaxe moi especial a Fraguas co recitado de poemas. Para participar é preciso Pódense inscribirse nos centros educativos, na Escola de Xadrez de Pontevedra (Casino Mercantil) ou a través da Asociación Santa María -caixa de correo de asociacións na Casa Azul-.

As doce do mediodía está convocada a concentración na praza da Peregrina para «recordar a importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionarias ou a formación do funcionariado seguen a ter para a defensa da lingua». Outras citas da xornada son o teatro en Mourente ou a Festa da Lingua na praza do Teucro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

En memoria de Antonio Fraguas