Sés presenta o seu novo traballo, «Rabia ao silencio»

PONTEVEDRA

30 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Coas entradas practicamente esgotadas, Sés inaugura hoxe unha nova edición das Matinés do Principal e faino presentando o seu novo traballo discográfico, Rabia ao silencio. Nesta obra, a sexta da súa carreira, a cantora coruñesa propón «un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten afeitos, para traer á Galicia do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar -de Cuba, da Arxentina, do Brasil...-, mais tamén de diferentes puntos da península ibérica», destacan dende a organización.

A propia Sés, que adapta e traduce as letras destas cancións emblemáticas, recoñeceu que «é unha débeda contraída con quen me ensinou a pensar musicando e narrando a verdadeira historia e non a dos vencedores».

Hoxe • 12.30 horas • 17,84 anfiteatro e 19,87 pranta baixa • Ataquilla. com • Teatro Principal •