«As mulleres non so somos unha cara ou voz bonita, temos o noso discurso»


Cando se lle pregunta pola filosofía detrás de Mulleres Galegas Kañeras, Patty Castro non o pensa: «Dar visibilidade ás mulleres porque igual que quero poder dicirlle aos meus netos quen eran Led Zeppelin, gustaríame poder contarlles dalgún grupo de mulleres. Ás miñas fillas poucos referentes a ese nivel lles podo ofrecer. E agora mesmo temos un xurdimento de mulleres supercañeras e hai que apoialas».

Trátase de creadoras que, en moitos casos, se escapan da esfera metalera e abarcan outros ámbitos artísticos. Hai están, a modo de exemplo, Músicas Galegas Ilustradas, proxecto que, tal e como reza a súa web, impulsa Laura Romero, ilustradora, debuxante urbana e baixista de Zënzar; as integrantes pontevedresas de MIM ou Mulleres da Industria Musical; Andrea Verdú, quen con Armonia 2 levou a música en directo aos cárceres galegos; ou Raquel García, que con Rockin’ Ladies está visibilizando fotograficamente ás artistas do rock e do heavi por toda España... A fin de contas, Vane Balón, bloguera de Distrito Uve, ten censadas 114 bandas de metal con, ao menos, unha integrante feminina, cifra que é parella no caso dos grupos punk, pero que se incrementa ata as 256 no rock.

«As mulleres non so somos unha cara ou voz bonita, senón que, como seres humanos, temos o noso discurso como o poden ter os homes», incide Castro remarcando que si complicado é sobresaír diante dun micrófono, aínda o é máis no caso das baixistas ou das bateristas.

De igual modo, lamenta que a paridade é practicamente inexistente no hard rock. «Hai moi poucas mulleres que sexan nais e sigan neste mundo, pero, curiosamente, as súas parellas, os homes, si que seguen», sostén, ao tempo que ironiza: «Hai moi pouca música que me guste cando poño a radio».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«As mulleres non so somos unha cara ou voz bonita, temos o noso discurso»