A lusofonía, protagonista este ano no Salón do Libro


A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou onte acompañada pola coordinadora do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, Eva Mejuto, a delegación lusófona que representará a cultura convidada na vindeira edición do certame pontevedrés e as achegas que realizará a mesma. «Hoxe presentamos unha peza clave do Salón: a cultura convidada, que é a lusofonía, que gaña máis importancia neste momento de retroceso dos falantes en lingua galega», apuntou Fouces, quen destacou a importancia de traer a Pontevedra «un idioma que é irmán e co que chegamos a máis de 250 millóns de persoas».

A lusofonía estará representada a través da embaixada do Brasil (o seu titular, Pompeu Andreucci Neto, asistirá á apertura), así como o Ministerio de Cultura de Portugal e o Instituto Camões. A delegación lusófona que participará no Salón estará integrada por máis de vinte persoas, dende escritos ata ilustradores e mediadores lectores. A programación prevista abrangue un rexistro moi amplo xa que haberá dende obras de teatro en portugués ate un espectáculo para bebés baseado na poesía de Pessoa, e a presenza de figuras lusófonas de relevancia mundial: o Premio Andersen (equivalente ao Nobel de Literatura Infantil), Roger Mello; Marina Colasanti, xornalista histórica, poeta e autora de literatura infantil e xuvenil; ou mesmo Afonso Cruz ou Ana Biscaia, ambos Premio Nacional de Ilustración de Portugal. «Quixemos ofrecer unha visión ampla da lusofonía, achegando na parte da escrita autores e autoras, profesionais da ilustración e do mundo da mediación -apuntou Mejuto-, xa que nos parece moi interesante coñecer como se fai promoción da lectura noutros contextos».

A todos os recunchos

O Salón mantén o seu espírito de chegar a todos os recunchos da cidade polo que as librarías contarán con contacontos, workshops, obradoiros de ilustración, presentacións de libros, recitais poéticos, e 60 establecementos hostaleiros que fusionarán a gastronomía do país coa cultura convidada.

O Salón chegará como ano pasado tamén ao Sexto Edificio do Museo coa exposición retrospectiva MOTIM. Movimento de ilustração portuguesa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A lusofonía, protagonista este ano no Salón do Libro