Deputación e Abanca reiteran o Plan Activamos cunha nova liña de crédito de 50 millóns

A partida permitirá financiar a pemes, autónomos, familias e corporacións locais de Pontevedra


Pontevedra / La Voz

Este venres, a Deputación de Pontevedra e Abanca suscribiron a quinta edición do Plan Activamos, que compromete unha nova liña de crédito de 50 millóns de euros para financiar a pemes, autónomos, familias e corporacións locais da provincia. Entre as novidades que incorpora este programa no 2019, unha nova liña dirixida a financiar a internacionalización de pemes e autónomos con préstamos brandos para apoiar a entrada en novos mercados do exterior».

O deputado Carlos Font e o director de banca institucional de Abanca, Santiago Novoa, rubricaron o protocolo que recolle o compromiso de financiamento. Ademáis de expoñer as principais novidades do programa, aproveitaron para facer balance do programa desde a súa posta en marcha no 2014.

Deste xeito, o ano pasado se inxectaron 47 millóns de euros en crédito a través dun total de 1.899 operacións. Pola súa bandas, dende que comenzou a andar, Pontevedra sumou 221,8 millóns de euros en volume de crédito con 9.549 operacións, «destinadas na súa gran maoría a financiar investimentos ou atender necesidades de tesourería de emprendedores, pemes e autónomos da provincia».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Deputación e Abanca reiteran o Plan Activamos cunha nova liña de crédito de 50 millóns