Aberto o prazo para a Festa da Filloa 

La Voz

PONTEVEDRA

emilio moldes

03 mar 2019 . Actualizado a las 20:38 h.

O vindeiro 5 de marzo, martes de Entroido terá lugar unha nova edición da festa da Filloa organizada por Radio Voz no mercado municipal da rúa Sierra, en Pontevedra. O obxectivo do concurso é dar un aliciente máis ao noso entroido e animar aos cidadáns a cociñar, degustar e valorar un das sobremesas máis típicas e representativos da nosa gastronomía.

Poderán participar afeccionados da hostalería sen límite de idade, presentando un mínimo de 18 filloas por cada modalidade. Por esixencias do concurso as filloas deberán presentarse en pratos desechables.

Haberá obsequios para todos os participantes, e o xurado outorgará varios galardóns. Tres premios a calidade, na que se valorará a calidade da masa da filloa tradicional, feitas sen recheo; e tamén dous premios a mellor presentación.

As persoas que desexen participar, poden inscribirse xa a través de diversos soportes. Nas oficinas de Radio Voz en Pontevedra (rúa Rosalía de Castro, 30), ou ben chamando ao teléfono 986 869 814, de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas; ou no correo electrónico vocesdepontevedra@radiovoz.es. Tamén poderán inscribirse o mesmo día do concurso, de 16.30 a 17.00 horas no lugar de celebración do concurso.