Coti e Roi Casal, estrelas na Festa da Ameixa de Campelo


Poio / la

Nada fue un error ou Antes que ver el sol conxugaranse o próximo setembro cos sons mestizos cubano-galaicos do espectáculo Son galego, son cubano en Campelo. A fin de contas, tanto o cantautor e compositor Coti como o intérprete de Catoira Roi Casal serán as principais referencias musicais da trinta e tres Festa da Ameixa de Campelo, segundo confirmou este xoves a concellaría de Turismo de Poio.

Roberto Fidel Ernesto Sorokin, Coti, promociona na actualidade o seu último traballo discográfico, Coti Sorokin y los brillantes en el Teatro Colón, gravado en directo durante un concerto no emblemático teatro de Bos Aires, onde versioneou algúns dos seus éxitos máis recoñecidos. Pola súa banda, Roi Casal traerá a Campelo o seu espectáculo no que rende tributo a Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, país no que o escritor residiu tres décadas. De feito, Neira Vilas colaborou con Casal hasta o seu falecemento.

En todo caso, a oferta musical da Festa da Ameixa de Campelo, cita gastronómica que se desenvolverá entre o 13 e 0 15 de setembro, non remata nestes dous nomes propios. Así, complementarase «coa actuación dunha coñecida orquestra e cunha nova edición do Certame da Canción Mariñeira con grupos procedentes de toda a xeografía galega», precisaron dende Turismo.

Esta edición acollera o terceiro concurso de fotografía, así como «un amplo programa de actividades de lecer para os máis cativos. Entre estas últimas, destaca unha nova edición do Desembarco Pirata.

E, de igual modo a como ven sendo habitual dende o 2011, na primeira xornada da festa renderase homenaxe ás mariscadoras a pé e a flote que se xubilaron no 2018 e pertencen ás tres confrarías que traballan na ría de Pontevedra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Coti e Roi Casal, estrelas na Festa da Ameixa de Campelo