«Hai chistes que non teñen cabida»

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

MONICA IRAGO

A aula de teatro do CIM, da que é directora Andrea Bayer, estrea esta noite dúas pezas no Teatro Principal

25 ene 2019 . Actualizado a las 08:00 h.

«O público vaise atopar con dúas comedias, con dúas situacións de enredo, de loucura, con persoeiros moi excéntricos. Imos tocar, tamén, os xogos de rol de homes e mulleres». Andrea Bayer, directora da aula de teatro do CIM de Pontevedra, resaltou o carácter cómico das dúas pezas, O atraco e O convento, que se porán en escena esta noite (21 horas) no Teatro Principal e nas que tivo moi peso Xosé Manuel Esperante na dirección.

-¿Que destacaría das dúas pezas desta noite?

-Eu animaría á xente porque vai pasar uns momentos moi divertidos. Estamos nun momento social complicado con todo o que está caendo por todos lados polo que hai que atopar un momento para a diversión, para rirse dun mesmo. Estamos nun momento no que parece que non se pode dicir nada. Evidentemente hai que ter un respecto, hai chistes que non teñen cabida para nós. Na aula traballamos moitísimo todo o que é o vocabulario sexista e os chistes rancios que xa non teñen ningún sentido.

-¿Podería adiantar algo do contido das dúas pezas?

-O atraco é de dúas mulleres que van roubar e como se desenvolve todo pola personalidade de cada unha, mentres que O convento relata unha situación de confusión nun convento onde fan uns licores de herbas. É ata aquí podo ler. Non digo máis. Son espectáculos para adultos, pero os nenos tamén poder vir. Coido que vai haber moitos nenos. É un espectáculo amable. O que poida entender que entenda

-¿Como xurdiu a aula de teatro do CIM de Pontevedra?

-Naceu como uns cursos de formación en teatro dirixidos a mulleres. Ao ano seguinte propuxen que tamén participaran homes porque a igualdade hai que traballala entre todos dende a base e, polo tanto, a igualdade teñen que traballala os homes tamén. Foi algo moi positivo. Despois houbo xente que me dixo que quería seguir e que, incluso, facían as súas triquiñuelas para repetir o curso. Atopaban un espazo onde podían expresarse, polo que lle propuxen á concelleira Carmen Fouces facer algo que dure no tempo e que teña un obxectivo final. Era o tempo de dar un paso e xurdiu a aula.

-¿Que destacaría da mesma?

-Que hai xente de todo tipo de idades. Hai unha muller que está de feito intermitente e que ten setenta e pico anos e rapaces de vinte e tantos anos. Hai aula na aula que seguen todos en contacto, os que están e os que xa non están. É un espazo para todos. O obxectivo final é unha posta en escena na que nos primeiros anos traballábamos de cara ao 25N, na semana da violencia de xénero.