O Pazo acolle unha mostra sobre a memoria industrial de Galicia


Visibilizar o patrimonio industrial abandonado, coñecer o que aconteceu no noso país e a pegada dunha actividade colectiva que formou e forma parte da nosa realidade. É o triplo obxectivo que guía, segundo a concelleira, Anabel Gulías, a exposición Memoria industrial en Galicia que onte inaugurouse no Pazo da Cultura e recolle vinte fotografías dun amplo proxecto artístico de José Chas.

O autor leva quince anos recollendo o testemuña fotográfico de cerca de trescentas instalacións industriais abandonadas por toda Galicia, e o que presenta no Pazo e unha pequena mostra. A totalidade do seu traballo -testemuñas gráficos dunhas trescentas localizacións en toda Galicia- pódese seguir no blog memoriaindustrialengalicia.wordpress.com.

Ao referirse ao eixe do seu traballo, Chas prefire non falar de patrimonio industrial nin de fábricas abandonadas, senón de «ruínas industriais». As imaxes que presenta na mostra do pazo corresponden ás catro provincias galegas, e inclúe a antiga fábrica de xabóns de Mollabao, que funcionou como tal apenas dez anos, entre 1935 e 1945. Tamén hai, entre outras, imaxes da fábrica conservas de Alfageme, en Vigo, ou da de Lápices Hispania, en Ferrol, unha instalación hoxe xa desaparecida.

O fotógrafo definiu o seu proxecto artístico, que xurdiu cando estudaba Belas Artes, como «unha paixón» que aínda que naceu coma un proxecto estético lle levou a afondar en todos os aspectos relacionados coas antigas industrias. «Acabas coñecendo a historia e o impacto das fábricas, a industria como provedora de toda unha bisbarra e como en moitos casos acaba converténdose nun problema».

Charla na Casa da Luz

A exposición leva da man actividades complementarias como a charla-coloquio sobre a memoria industrial dende unha perspectiva histórica, arquitectónica e artística que terá lugar na Casa da Luz o vindeiro xoves, 17 de xaneiro, ás 19.30 horas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Pazo acolle unha mostra sobre a memoria industrial de Galicia