Nenos do Carballal defenden Marín regueifando en Youtube

Os alumnos do colexio elaboran un vídeo onde fan gala do acento cantarín da localidade

A regueifa dos alumnos do CEIP do Carballal de Marín Non perdas a actuación das nenas e nenos de 4º de primaria do centro titulada «Regueifando en Marín». Nesta trama dúas bandas discuten sobre o acento cantarín dos habitantes de Marín para finalmente rir xuntos e xuntas.

marín / la voz

«¿Es de Marín?», pregunta un grupo de nenos. A resposta non se fai esperar, «si, si» e, con esta pregunta e a súa orgullosa réplica como eixo os alumnos de cuarto curso do CEIP O Carballal van desarmando os tópicos contra a súa vila natal utilizando o tradicional duelo verbal das regueifas. Céntranse no acento, cantarín coma poucos, que identifica con facilidade aos marinenses e que é moitas veces obxecto de burla. Os pequenos convérteno nun sinal de identidade e nun motivo de aprecio polo seu concello. Esta é unha actividade organizada pola biblioteca do centro -O Recuncho de Tambo- e o equipo de dinamización de Lingua Galega, dentro do proxecto didáctico integrado Marín, de todo un chisquín.

E no estribillo, os 45 alumnos participantes rescatan unha frase que describe, por si soa, a unha das parellas máis famosas da TVG, no que se coñeceu como o Balan Vladimir Tour. A frase memorable para moitos galegos dos anos noventa é «para o carro, a modiño Vladimir», que popularizou aínda máis a figura do marinense John Balan. Letra, melodía e storyboard foron compostos polos nenos e os arranxos musicais o fixo do seu profesor Víctor Castro. O resultado pódese escoitar na web de La Voz de Galicia ou na do seu colexio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Nenos do Carballal defenden Marín regueifando en Youtube