Culturgal xa ten data para 2019 tras pechar esta edición con 14.500 visitas

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Capotillo

03 dic 2018 . Actualizado a las 05:05 h.

Culturgal, a feira das industrias culturais, baixou o pano onte. Fíxoo despois de recibir arredor de 14.500 visitas e tras anunciar que en 2019 se celebrará o 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro. Quen se deixou caer polo Pazo da Cultura non o tivo nada doado para elixir. Non en van, houbo arredor de 200 propostas. Unha das máis concorridas foi o concerto de Carlos Núñez.

Segundo precisou a organización, a xornada inaugural consolidouse como un referente para os profesionais do sector cultural en Galicia. O sábado foi a xornada con máis visitantes, con sete mil persoas no recinto. E onte houbo ambiente todo o día.

Na xornada dominical, entre outras moitas propostas, tivo lugar a presentación do libro Galaicos, un pobo entre dous mundos. Alí estivo falando da obra a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que salientou que «esta obra proba que fomos o centro e non a periferia, unha nova perspectiva sobre a nosa identidade forxada pola suma de culturas».

Onte, no marco de Culturgal, tamén tivo lugar a entrega dos premios da Agadic.