A Casa de Rosalía, Premio do Público de Culturgal

La Voz

PONTEVEDRA

25 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa de Rosalía, en Padrón, foi a gañadora do Premio do Público de Culturgal 2018, fronte ás candidaturas de Chanfaina Lab e a Rede Cultural da Deputación de A Coruña. Case 1.200 persoas participaron na votación on-line e o premio será entregado o domingo 2 de decembre na Feira das Industrias Culturais que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra. Desde a asociación Culturgal apuntan que A Casa de Rosalía ocupa un lugar privilexiado no mapa cultural do pais. Alí concéntrase a vixencia da figura de Rosalía de Castro e o seu legado, sendo unha referencia dentro e fora de Galicia.