O Juventud Cambados paga regalarlle 45 minutos de vantaxe ao Sanxenxo (1-2)


Vilagarcía / La Voz

O Sanxenxo levou os tres puntos en xogo onte en Burgáns, no seu derbi da undécima xornada de Liga, un partido marcado pola decisión do adestrador local, Edu Charlín, de arrincar sen ningún dos seus homes-gol, Machu e Grego, con once goles entre ambos no que vai de campionato, doce tras o que marcaría este último no minuto 63. A entrada no campo dos dous xunto con Reguera á volta do paso intermedio por vestiarios acabou resultando tardía para reparar os danos en forma de 0-2 recibidos pola aposta inicial do técnico cambadés.

O 4-2-3-1 de saída presentado por Edu Charlín, con Ramón na punta de ataque e Félix e Pablo na sala de máquinas por detrás de Pénjamo, de Marcos e de Saúl nunha formación de tres mediapuntas foi varrido polo Xuventú Sanxenxo. Corrales e Novegil gañaron a partida no centro do campo, e con Jacob, pero sobre todo un Dieguito sen freo no carril esquerdo, acapararon o balón para o cadro visitante aproveitando a metade das chegadas con pólvora que xerou nos primeiros 25 minutos de partido. En dúas accións case calcadas, con Dieguito servíndolle o balón a Charles para que este cabeceara o coiro sen oposición ao interior das mallas da portería de Adrián deixando en evidencia a zaga de Burgáns. Na primeira ocasión, no minuto 16, cun pase do interior en liña de fondo que o gardameta local tampouco soubo atallar. E na segunda, só nove minutos despois, con Dieguito rompendo o seu par nunha arrincada por banda esquerda, colgando o balón ao corazón da área, onde Charles remataba con acerto.

Co 0-2 o Xuventú, que ata entón estivera interesado nun partido de ritmo veloz, tentou durmir o xogo, coa tranquilidade de ver a un rival desnortado, que nunca soubo que facer co esférico as contadas veces que o tivo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Juventud Cambados paga regalarlle 45 minutos de vantaxe ao Sanxenxo (1-2)