«Fáltanos explotar todo o plantel. A ver se o facemos xa», Maite Méndez, adestradora do C.B. Arxil


O C.B. Arxil e Maite Méndez son todo e un. Xogadora primeiro do equipo pontevedrés na súa etapa vestida de curto, é a súa primeira e única adestradora desde que o Arxil participou no 2001 na primeira edición da Liga Feminina 2, na que seguíu competindo ininterrumpidamente ata hoxe. De aí que Méndez sexa a única participante en todos e cada un dos derbis co Cortegada na categoría de prata do baloncesto feminino español. Os das sete últimas tempadas, e os que disputaran con anterioridade ambos veciños nas dúas breves campañas que o seu rival hoxe pasou desterrado da LF a década pasada, nos cursos 2005/06 e 2009/10, con retornos exprés á elite. «Afrontamos cada encontro co máximo respecto», di, se ben recoñece que os derbis co veciño vilagarcián teñen unha cor diferente.

-1: Eu creo que todos os duelos entre rivais galegos. Como xogamos Copa Galicia e nos coñecemos de antes, aos adestradores cústanos máis presentar situacións novas. Respectámonos moito, e coñecemos ben o traballo que facemos uns e os outros. E pola propia idiosincrasia do duelo, hai máis nervios nas xogadoras, e parece que nos custa arrincar máis os partidos, unhas veces a uns e outras a outros.

-2: Ben. Cada partido é un mundo, e depende das circunstancias puntuais de cada un. O partido da Copa Galicia era un partido de rodaxe. O meu equipo inda non explotou. Vai depender de como esteamos de acerto de cara ao aro, e da lectura que fagamos do rexistro do partido. As xogadoras tamén se coñecen moito, e iso impídeche ás veces ter máis creatividade no xogo, coñécense os puntos fortes e febles, e ixo complica os partidos. Na frescura e no traballo estará o resultado.

-3; Para nada. Non creo que o guion de ningún partido estea escrito. A Liga Feminina 2 é súper dinámica. En cada xornada hai un resultado sorpresa. Aquí non podes despistarte nin un segundo. É unha das fortalezas desta Liga, moi aberta. Rubén é unha persoa moi analítica co seu equipo, e co seu rival, e eu tento selo tamén, de aí que os duelos entre os dous sexan atractivos. E despois, depende tamén de como poidamos manexar os efectivos que temos cada un ese día. Porque ao final sempre tes algunha xogadora que non xoga, e aí temos que darlle ao cerebro os dous.

-4: Bueno, de momento o que che decía, somos un equipo en construción. Se somos quen de poder rotar a todo o plantel, e que incida no xogo, si teremos esa baza. É o que nos falta agora, explotar o xogo do equipo con todos os efectivos que temos -dez xogadoras séniores-. A ver se pode ser mañá -por hoxe-, e non agardar máis.

-5: Penso que no noso caso xa o está sendo. Estános afectando un pouco. Eu sei que de non ser así as miñas xogadoras veteranas non fallarían cousas que están fallando, cousas que están saíndo fóra da norma. Temos que seguir buscando o equilibrio no plantel para explotalo ao máximo. Pero por aí andamos os dous. O Cortegada tamén incorporou xente nova á que tamén lle está custando entrar. Agardo que se poida ver cando menos un bo partido, e que o máis acertado se leve o triunfo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Fáltanos explotar todo o plantel. A ver se o facemos xa», Maite Méndez, adestradora do C.B. Arxil