Festa literaria de recoñecemento aos premios a prol da lingua

La Voz

PONTEVEDRA

depo

O Pazo Provincial acolle esta tarde a celebración baixo o título «unha lingua de premio»

26 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoy • 19.30 horas • Pazo Provincial • Os premios de literatura, xornalismo e investigación tiveron ao longo da historia un papel fundamental no mantemento e normalización da lingua e ese valor será recoñecido na festa Unha lingua de premio que hoxe vaise celebrar no Pazo Provincial, organizada polo departamento de Cultura da Deputación.

Esta festa, que coincide co Día Europeo das Linguas, foi deseñada de xeito que a literatura dialogue con outras disciplinas. A música estará representada pola banda Xardín Desordenado, que interpretará poemas musicados, mentres que as artes escénicas correrán a cargo das actrices Iria Pinheiro e Ailén Keidelman, que prepararán unha pequena peza teatral na que terán cabida aos gañadores das edicións dos premios 2017 que se convocan na provincia.

No eido do audiovisual, proxectarase un vídeo que recolle espazos físicos dos concellos convocantes de concurso e espazos de creación a través da lectura de fragmentos das obras premiadas en cada certame.

Como intervención artística, no Pazo Provincial instalarase unha moqueta, como intervención artística, cos nomes impresos das obras e autores gañadores de todos os premios da provincia desde a súa primeira convocatoria ata o ano 2017, en concreto dos 17 premios de creación literaria en teatro, narrativa e poesía, de investigación e de xornalismo, convocados por 10 concellos e pola Fanpa de Pontevedra.

Tamén estará presente o deseño a través da ilustradora Paula Pereira, que realizou unha peza de cerámica ad hoc para este evento.

Neste acto realizaranse recoñecementos simbólicos a unha entidade e a unha persoa que contan cunha destacada traxectoria a prol da literatura e da lingua en galego, o Festival da Poesía do Condado e a Manuel Bragado, escritor, editor e un gran activista cultura.