A editorial Kalandraka, premiada na Mostra do Libro de Madrid

.

A ilustradora Nadia Menotti e o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, recibiron en Madrid o Premio da trinta e tres edición da Mostra do Libro Infantil e Xuvenil que se concedeu por primeira vez este ano entre as 200 obras que compoñen o catálogo desta exposición

Con libros como As pescadoras, Kalandraka «mantén a súa aposta pola multiculturalidade, a educación en igualdade, a tolerancia e a estimulación da imaxinación e a curiosidade», sinalou o xurado do certame.  Tamén destacaron a traxectoria da editorial pontevedresa -que cumprirá 20 anos en 2018- e a súa liña editorial «definida pola animación á lectura e o apoio aos creadores».

Na entrega do premio, Xosé Ballesteros reflexionou sobre a importancia da diversidade cultural e lingüística a propósito da recente participación de Kalandrka na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México), en Culturgal e na Feira do Libro Vasco celebrada en Durango: «Reivindicamos que as linguas estean vivas”, sinalou a propósito do galego, “que está en perigo de extinción».

Votación
1 votos
Comentarios

A editorial Kalandraka, premiada na Mostra do Libro de Madrid