A Xove Banda de Valga gaña o premio á mellor interpretación

La Voz VALGA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Cedida

A agrupación alzouse co galardón ao longo do Certame de Bandas de Música celebrado en Santiago

27 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A súa foi a mellor interpretación dunha obra galega de cantas se escoitaron a fin de semana na novena edición do Certame de Bandas de Música, celebrada en Santiago. A Xove Banda de Valga, composta por medio cento de músicos de entre dez e vinte anos e dirixida por Pedro José Torres Diz, tocou O Demo De Carboeiro, de Manuel Blanco Dosil. E foi precisamente esta peza a que lle granxeou a distinción. O alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiros Ramona Otero e Begoña Piñeiro arrouparon á agrupación no Auditorio de Galicia.