«Nacín co chío dos paxaros arredor de min, non podía dedicarme a outra cousa»

m?. h. PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

05 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Ramón Sineiro sabe moito de paxaros. Sen embargo, quizais pola súa condición de mestre ou porque lle sae natural, non é destas persoas que se toma a mal as preguntas moi básicas sobre o que el tanto estuda. Ao revés, trata de convencer ao interlocutor de que todos sabemos máis de aves do que realmente cremos. «Case todo o mundo sabe identificar ata trinta paxaros, a partires de aí veñen as dúbidas, pero xa son bastantes...», di cun sorriso.

-¿De onde lle ven o de ser ornitólogo?

-Nacín co chío dos paxaros arredor de min, non podía dedicarme a outra cousa. Tiven a sorte de pasar moitos fins de semana na aldea cando era cativo e de que meu avó, o que vivía na cidade, era criador de canarios. Estaba case o traballo feito...

-Non parece fácil elaborar unha guía de aves. Debe levar tempo...

-Son moitos madrugóns, moitos paseos e moitas molladuras. Non aparece un buitre así un bo día enriba dun carballo. Esas cousas pasan porque se van observando cousas, se repiten as visitas. E tamén porque conto cun bo equipo que me vai axudando.

-¿O Gafos é rico en aves?

-Pois a verdade é que si. Sorprende que un río tan pequeno teña tanta diversidade. Fíxate que temos catalogadas 108 especies. Ver a algunhas, como a un mazarico, foi unha auténtica lotería.

-No caso das migratorias, sorprende as enormes viaxes...

-Pois si. Eu sempre o digo, os viaxeiros reais do mundo son os paxaros, percórreno todo.