A Deputación amplía a súa oferta de obradoiros e de rutas pola provincia

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CEDIDA

«Depo en marcha 2017» chega a Valga esta semana

11 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Os concellos de Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Silleda, Valga, Gondomar, Mos, Pazos de Borbén, Ponteareas, Vigo e Tui e súmanse esta próxima semana a unha nova entrega dos obradoiros do programa «Depo en Marcha 2017» da Deputación de Pontevedra, nos que está previsto que participen máis de 270 persoas. Grazas a esta iniciativa impartiranse ao longo do curso un total de 161 obradoiros para entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas de 45 concellos da provincia.

Este mércores iniciarase dous cursos en Pontevedra, un de conservación da memoria e outro de Internet; en Valga celebrarase a partir do día 15 obradoiros sobre ximnasia de mantemento e bailes de salón, e en Silleda empezará o día 16 un obradoiro de xogos tradicionais.

Por outra banda, a Deputación aprobou a ampliación do programa «En Ruta coa Depo» con 4.911 prazas para este ano, que se suman as 19.652 que xa se ofreceran no mes de xullo e que se cubriron aos poucos días de abrir o prazo. «Este programa ten por finalidade crear espazos de unión e convivencia fomentando a socialización entre as diferentes entidades participantes e impulsando a igualdade de oportunidades entre as persoas con diversidade funcional», segundo explican desde o organismo provincial.