«A Deputación non ten enriba da mesa desmantelar o Príncipe Felipe»

A delegada do centro ten claro que para a Xunta «é máis fácil que lle solucionen un problema que afrontalo»

.

pONTEVEDRA / lA VOZ

A deputada delegada do Príncipe Felipe ten claro que se chegou a situación actual despois de que levaran tempo «reiterando que as cousas non funcionaban, que non ían ben, que había que a Xunta tiña que adoptar solucións, porque é a que lle corresponde por unha cuestión de competencias, a algo que está distorsionando o funcionamento» deste centro.

-¿Cal é a situación actual?

-Temos máis de douscentos nenos. Hai que partir de que é unha situación rara que nunha Deputación haxa un centro destas características. ¿Cantos poden ser conflitivos? ¿Cinco? ¿Dez? Efectivamente. Por iso é máis fácil de solucionar, porque son poucos nenos aos que lle hai que buscar outra alternativa para que sexan tratados. Precisan tratamentos terapéuticos, presentan problemáticas específicas que fan que non se podan tratar nun centro aberto, adiccións, antecedentes... É un tipo de neno que non pode estar nun centro aberto. E unha porcentaxe moi pequena, pero que distorsiona todo o funcionamento e iso non o podemos permitir.

-¿A resolución do convenio coa Xunta sería o último paso?

-Claro, hai moitos pasos intermedios que se poden dar, pero levamos dous anos intentando que se dean e non se dan. ¿Solucións? Temos varias. A primeira, que non se subordine a Deputación. Nun convenio non se pode subordinar unha Administración sobre outra e neste caso estábase facendo. E que sexan vinculantes os informes do persoal do Príncipe Felipe. Si se tiveran en conta, non estaríamos nesta situación. Pero tamén que non se manden eses perfís a Pontevedra, que se transfira unha parte, un edificio, para que fagan outro tipo de centro... Pero a quen lle corresponde facelo é a eles. Nós temos ese abanico enriba da mesa e estivo estes dous anos. Si se consegue unha solución por esas vías, pois xa está. E senón, teremos que adoptar nós outra pola nosa banda.

-¿A que achacan esta postura da Xunta de Galicia?

-Á comodidade. É máis fácil que te solucionen un problema que afrontalo. E a Xunta leva sen abordalo moitos anos e é una responsabilidade súa solucionalo. En caso contrario, estaría facendo deixadez das súas funcións.

-Hai unha terceira vertente afectada: os traballadores. ¿Que mensaxe se lles pode dar?

-De tranquilidade. Que non vexan confabulacións raras porque non está enriba da mesa nin desmantelar o Príncipe Felipe nin facer nada raro. Todo o contrario. Estamos tratando de facilitar que eles poidan facer o seu traballo. Os informes parten deles, a situación limite a estiveron vivindo sobre todo eles, e é a nosa preocupación dende hai moito tempo. Están facendo funcións que non son propias deles. Nós imos reforzar o seu traballo.

-Mosquera dixo que a intención é potenciar o centro. ¿Sábese de que maneira se podería facer?

-Xa o estamos facendo. Unicamente unha terceira parte dos nenos son os que mandan da Xunta. Vai a seguir habendo nenos da Deputación ou da Xunta dependendo do que decidan facer. Iso está garantido. E outra cousa non haberá, pero, por desgraza, nos servizos sociais de base dos concellos de Pontevedra hai traballo para bastantes máis traballadores dos que están en Príncipe Felipe.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«A Deputación non ten enriba da mesa desmantelar o Príncipe Felipe»