Unha festa pola defensa do galego

MANU OTERO PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

O Correlingua pechou onte un tour polas principales cidades galegas nas que reuniu a centenares de alumnos en actividades en defensa do uso da linga galega.
O Correlingua pechou onte un tour polas principales cidades galegas nas que reuniu a centenares de alumnos en actividades en defensa do uso da linga galega. capotillo< / span>

Centos de rapaces participaron onte das distintas actividades do Correlingua

16 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O Correlingua desembarcou na cidade do Lérez acompañado dun bo número de alumnos de diversos centros da comarca coa firme convicción de poñer en valor a nosa lingua. A prol do galego, os cativos brincaron, correron, e xogaron nunha multitudinaria festa que rematou coa entrega de libros en galego a todos as escolas. Na Praza da Ferrería unha charanga e un dragón daban a benvida aos nenos que lucían pancartas feitas por eles mesmos con frases que animaban a gozar do tempo libre en galego porque ?mola máis?, espetaban a quen lle preguntaba. Unha vez que xa estaban todos concentrados na Ferrería, deuse o pistolezao de saída á marcha. Centos de rapaces recorreron o casco urbán pontevedrés, cunha ampla sonrisa no rostro, animando aos peóns a que falen sempre en galego.

Entrega de libros

Ao volverse reunir no centro neurálxico do Correlingua, un representante do colexio de Pontecesures leu o mellor manifesto pola defensa da nosa lingua. Un discurso que mereceu o premio Correlingua 2015. Antes de recibir o saúdo do alcalde da capital, os cativos quedaron abraiados co marchoso ritmo de Bocinazo, cunha canción, como non, en prol do galego. A cita contou por suposto con actividades lúdicas moi diversas dirixidas a divertir aos participantes, nas que a música e o humor non faltaron. Como colofón do acto soltáronse unha morea de globos baixo unha atronadora ovación e dos cánticos: o galego, a nosa creación. Antes disto, representantes das librerías locais fixeron entrega, como xa é tradición, a cada un dos centros educativos participantes dun lote de libros en lingua galega.

Kiko Da Silva

N a librería Paz, o debuxante Kiko Da Silva enfrontouse a unha maratoniana xornada de traballo na que pintou no escaparate desta librería todos os debuxos que os espectadores lle pedían. Entre noraboas e peticións de autógrafos, o artista intentaba promocionar a súa derradeira obra, El Infierno del Dibujante. Nesta obra, Da Silva ilustra a un debuxante cun enorme talento que crea as mellores personaxes da banda deseñada do país. Pero non consegue publicar ningunha porque algún plaxiador sempre se lle adianta.