Poio promove a fotografía de contido social

A iniciativa está aberta ao emprego dos teléfonos móbiles


Poio San Salvador

O compromiso social a través das lentes dunha cámara fotográfica... Ou dun teléfono móbil. Esta é a filosofía que se agocha detrás dun obradoiro que o Concello de Poio impulsará o próximo xuño.

O obxectivo desta iniciativa, según destacaron dende a concellería de Benestar Social, é a de «espertar curiosidade polo mundo da fotografía, mellorar o ollo fotográfico dos participantes e ampliar o coñecemento tanto do arte fotográfico coma da sua faceta documental». Aínda que a cita, de balde, esta dirixida a todos os afeccionados á fotografía, o certo é que os máis interesados poden ser «todas aquelas persoas que pola súa profesión ou afección teñan a posibilidade de transmitir os coñecementos aprendidos entre a mocidade».

Asemesmo, o obradoiro dará a coñecer o certame «Imaxes con fondo», que promove o Fondo Galego de Cooperación do que o concello de Poio é socio. De feito, Rober Amado, gañador da primeira edición deste concurso, será o encargado de que os participantes creen «o seu propio proxecto fotográfico, contando unha historia a través das imaxes». Neste senso, a intención dos organizadores é que os asistentes participen nun certame «no que o gran potencial da solidariedade é a protagonista».

Ademáis, conscentes da evolución que experimentaron nos últimos tempos os smartphones, a falta dunha cámara xa non é excusa para non inscribirse no taller. E é que ca se prevé que se poida «participar coas imaxes captadas cos móbiles».

O obradoiro impartirase os venres 6 e 20 de xuño ás 5 da tarde na Casa Rosada. Dende o Concello de Poio resaltaron que a «inscrición é de balde e otorgarse diploma de asistencia», así como que se poderá formalizar a matriculación no 986872401 ou ben a través de ssociais@concellopoio.es.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Poio promove a fotografía de contido social