Encontro escolar entre Pontevedra e Londres

PONTEVEDRA

RAMON LEIRO

Rapaces dos CEIP de Lérez, Xeve e Parada-Campañó confraternizaron cos nenos do colexio londinense Cañada Blanch

16 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Os rapaces dos CEIP de Lérez, Xeve e Parada- Campañó estiveron comunicándose en galego por Internet durante catro meses cos seus compañeiros do colexio londinense Cañada Blanch. Por fin, onte pudieron velos en persoa e compartir una xornada de convivencia, inesquecible para todos eles, grazas ao programa audiovisual Ponte a Londres no que veñen participando. Salina Ruíz é inglesa de nacemento, de nai madrileña e pai marroquí. Andrea Toja tamén naceu en Londres e os seus proxenitores son de Santa Comba e Dumbría. E Saúl Hierro, naceu en Betanzos como a súa nai, pero leva xa nove anos vivindo en Inglaterra. Os tres estudan galego no citado colexio español da capital británica e forman parte do grupo de alumnos que viaxou a Pontevedra. Veñen acompañados polo seu profesor Xaime Varela, natural de Agolada, que dende hai catro anos ocúpase se ensinarlles o noso idioma.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu onte no Concello aos 120 rapaces dos catro colexios de Pontevedra e Londres, nun acto entrañable no que os visitantes lle comentaron o moito que lles gusta falar galego e a súa ledicia por coñecer esta terra. Uns eloxiaron o clima, outros a comida e unha das nenas espallouse en comentar o ven que se vive nunha cidade pequena como esta «onde se poden facer moitas cousas nun só día». Na recepción, os alumnos de Xeve rapearon unha canción sobre a súa parroquia que lle dedicaron aos seus invitados. Logo visitaron o Centro de Interpretación das Torres Arzopispais (CITA) e fixeron o roterio Castaleo. A xornada continuou cun xantar de convivencia na Illa das Esculturas e pola tarde visitaron Santa Tegra e Combarro.

Xogos en Poio

Cincuenta nenos e nenas das escolas infantís de Poio compartiron onte outra xornada lúdico-formativa no Parque Pérez Esquivel para celebrar por adiantado o Día das Letras Galegas. Baixo a supervisión dos responsables da escola de tempo libre Koremi, fixeron un xincana na que repasaron as estacións do ano con xogos tradicionais regados con cancións. Tamén gozaron dun contacontos baseado na obra do autor homenaxeado este año, Xosé María Díaz Castro, e confeccionaron unha bandeira galega. Entre medias, aproveitaron para repoñer forzas cunha pequena merenda.