Neste encontro se presentarán as ferramentas empregadas para a recuperación dos topónimos e o Concello porá a disposición de quen a precise a base de datos. A xornada vai dirixida a asociacións de veciños, entidades culturais, profesorado e persoas interesadas no coñecemento deste patrimonio.
Participarán como poñentes diversos especialistas, como Xosé Lois Vilar, Mercedes Torres, Isabel Iglesias, Alberte Reboreda, María Ferro e Segundo Feijoo.