Traballar de forma legal

Antonio Miniño

PONTEVEDRA

02 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Axente está comentando que este ano vai abrir un furancho todo o mundo. A colleita foi moi grande e o viño quedaba nas viñas. Por iso todos optaron por facer o seu viño. Nós o único que pedimos é que todo o mundo se legalice e que os concellos den unhas poucas facilidades para que a xente poida dar de alta os seus furanchos. E á Xunta lle reclamamos que termine de axilizar os papeis que tiña en trámite coa federación provincial de furanchos para controlar ao sector. Queremos que, dunha vez por todas, se elimine ou modifique o decreto, como pide a federación de furancheiros, e que se faga unha normativa para que todos poidamos traballar de forma legal. Ademáis, este ano debería permitirse a estes locais abrir algo máis de tres meses para que teñamos tempo a vender todo o viño. Se está a vender moi pouco ultimamente por culpa da crise económica e das novas normativas de tráfico.