O Festival de Ortigueira dase a coñecer en Vilagarcía por videoconferencia

vilagarcía / la voz

PONTEVEDRA

27 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presentarase este ano en Vilagarcía por videoconferencia. Será na aula que a rede CEMIT ten no centro de formación de Matosinhos, que conectará coa aula de Ortigueira, onde se celebrará de xeito presencial unha rolda de prensa que tamén se poderá ver por videoconferencia nas outras localidades da rede, e dicir, en Santiago, A Coruña e Castro Caldelas.

A videoconferencia dara comenzo ás 12 horas de mañá, martes 28 de xuño. Na presentación presencial dende Ortigueira estará o alcalde da localidade, Rafael Girón, e a concelleira de Turismo, María Cruz Sabio, así como o coordinador do festival, Alberto Balboa, que darán a coñecer aos medios de comunicación e aos veciños que acodan as aulas o cartel de actividades da cita que se desenvolverá no mes de xullo en Ortigueira.

Como se sabe, o Festival de Ortiguiera é o certame multitudinario do verán e toda unha referencia no folk internacional. Os que asistan á presentación en Matosinhos poderán ter información de primeira man sobre os grupos que estarán presentes nesta edición. Á aula poden ir tanto veciños como medios de comunicación.