«A circunvalación non avanzou nada desde o ano 2004»

alfonso gonzález PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

«Rematar no 2013 a reforma Pontevedra-Curro é un compromiso»

13 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

«Nos gustaría que o Goberno se sentara coa Xunta para acadar un consenso na A-57»

Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ven de anunciar o empurrón definitivo ás comunicacións entre Pontevedra e Vilagarcía na parte que corresponde á Xunta. Dous novos nós en Currro, o próximo inicio das obras do primeiro tramo da autovía a Baión e a reforma da PO-531 son algunhas das obras a emprender.

-¿Veremos obras en breve?

-É así. Quixera destacar a importancia do nó de Curro. Estamos executando case que 16 quilómetros de novas estradas para facer un grande intercambiador que permitirá o acceso á autovía de Vilagarcía. O primeiro tramo está adxudicado e está previsto que se inicie no primeiro semestre. A continuación ata Baión está no análise da información pública complementaria que fixemos para evitar afeccións nunhas explotacións mineiras. Estamos tamén co nó pequeno de Curro para canalizar o tráfico da PO-531 e co deseño e a mellora desa estrada para que aumente a seguridade vial e sirva para o tráfico de curto percorrido de acordo co consenso que acadamos con eles. Nos apostamos porque o tráfico de longo recorrido de O Salnés cara a ao sur discorra pola autovía A-57.

-¿Para cando a autovía entre Curro e Baión?

-Está no plan Move, ten un horizonte de execución no ano 2015. O primeiro treito temos o compromiso de que estea en obras neste primeiro semestre. No segundo, máis complicado e que ten un importe moito maior, xa que estamos a falar duns 83 millóns, a intención é que podamos contar co proxecto aprobado neste ano para poder licitar a obra e cumprir o Plan Move, que garantirá que a autovía completa entre o nó de Curro e a entrada de Vilagarcía estea no horizonte do ano 2015.

-¿As obras da PO-531 deberían comezar nos inicios do 2012?

-Pois si. Temos o proxecto en fase de contratación para iniciar a súa redacción. O compromiso é que o teñamos no que resta do ano. É un investimento de 10 millóns que nos vai permitir humanizar e dotar de servizos esa estrada e respostar ás peticións dos veciños que non foron escoitadas durante o goberno bipartito.

-¿Estará rematada en dous anos?

-Pois é o que nós intentamos, que estea rematada nesta lexislatura. Era un compromiso que tiñamos no programa electoral e que plantexamos aos veciños e na campaña. É importante cumprir o que se dixo naquel momento.

-¿Entende tan prioritaria a A-57 Pontevedra-O Confurco como a A-59 Pontevedra-Vigo?

-Nós consideramos que tanto a A-57 como a A-59 son unha mesma infraestrutura, unha peza imprescindible para artellar as comunicacións do sur da provincia. O Goberno de España vai movendo ficha nos expedientes, pero, por desgraza, non estamos a ver os avances no que nos gustaría ver que son as obras. É curioso que a circunvalación de Pontevedra -chámase A-57, que é o nome técnico desa autovía- coa prolongación ata Curro e o ramal que conecta coa A-59, está en diferentes situacións, pero sempre enriba dunha mesa, é dicir, en fase de proxecto desde o ano 2004: non avanzou nada. É unha débeda histórica do Goberno de España con Galicia. Cúmprense oito anos do Plan Galicia que contemplaba o que se chamaba a autovía entre Pontevedra e o municipio de A Cañiza, que logo mudou, de acordo cos estudos, para unir Pontevedra coa autovía das Rías Baixas. É unha aspiración irrenunciable da capital da provincia conectarse mediante autovía coa rede de interese xeral. Iso foi o que se iniciou hai sete anos e o que o Goberno de España atopou en fase de tramitación administrativa. A realidade é que ese traxecto está igual que no ano 2004 coa única diferenza de que hai algún treito que está en redacción de proxecto, pero ningún deles está no trámite de expropiación ou de execución de obra. E importante dicir que esta etapa foi de moitísima actuación do ministerio. A meirande parte das infraestruturas de España tiveron un impulso moi importante e, por desgraza, temos que denunciar que a zona de O Salnés e de Pontevedra non contan cunha autovía como consecuencia da parálise desde expediente. Agora a aparece A-59 que era unha actuación complementaria desta, que é tamén moi necesaria e imprescindible. A nós nos gustaría que o Goberno se sentara coa Xunta para acadar consenso no trazado e despois que priorice e poña datas para execución da obra. Cremos que o recorrido que se prevé para A-59 o único que vai conseguir é un rexeitamento moi importante.

«A-57 e A-59 son a peza para artellar as comunicacións no sur da provincia»